López Campos volve ao Consello da Cultura Galega para participar na súa sesión plenaria

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta tarde no plenario do Consello da Cultura Galega, recordando que foi precisamente con esta institución coa que realizou o seu primeiro acto oficial no cargo. Nese momento, nunha xuntanza coa directora, Rosario Álvarez, ambas partes abriron unha nova etapa de traballo encamiñado á preservación e difusión dos valores culturais de Galicia.

Hoxe, López Campos, como representante da Xunta no máximo órgano de goberno da entidade cultural, tomou parte nunha sesión na que se deu conta dos novos coordinadores de Seccións e Comisións. Ademais, sobre a mesa tamén estiveron as actividades previstas para o último cuadrimestre deste ano e as liñas da programación organizada de cara ao 2025.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/07/2024