López Campos enxalza “o aproveitamento do patrimonio na creación de espazos singulares” na súa visita a histórica locomotora Verderón

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou esta mañá na súa visita á histórica locomotora localizada na estación de ferrocarril de Santiago, a coñecida Verderón, “a capacidade de aproveitamento do patrimonio para crear espazos culturais tan singulares como este”.

Así se referiu o titular de Cultura da Xunta ao coche de viaxeiros que, tal e como recordou, “é unha importante peza do patrimonio ferroviario galego”, recoñecendo o gran traballo de conservación que realiza a Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril, unha entidade que organiza distintas actividades para achegar a cultura do tren á cidadanía, especialmente aos escolares. Neste senso, mostrouse aberto a seguir apoiando a adecuación como espazo lúdico deste vagón no que a Xunta de Galicia xa colaborou co Concello de Santiago no seu proxecto de rehabilitación no que se investiron un total de 60.000€ .

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/07/2024