A Xunta asiste á presentación dun Decálogo de Boas Prácticas de atención ás persoas maiores elaborado pola Cátedra Cruz Vermella e Vegalsa-Eroski

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na presentación do Decálogo de Boas Prácticas de atención a  persoas maiores. Este documento está elaborado pola Cátedra Cruz Vermella da Universidade de Santiago de Compostela e Vegalsa-Eroski.

Este decálogo enmarcarse no estudo ‘O supermercado de proximidade: A experiencia de compra das persoas maiores en Galicia’. Durante a presentación, membros do equipo da tenda puxéronse na pel das persoas maiores, a través dun traxe de simulación adaptado, para vivir a experiencia de comprar con el e comprobar de primeira man as posibles dificultades ás que se enfrontan estas persoas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/07/2024