Rueda destaca o compromiso das familias galegas que acollen nenos saharauís durante o verán
2024-07-06
/documents/35297/1278552/OK240706PteVacasEnPazDCS6.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 6 de xullo de 2024
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, saudou hoxe no aeroporto de Vigo a algunhas das familias galegas que acollen nenos e nenas saharauís durante este verán, agradecéndolles o seu compromiso para que sintan Galicia como a súa casa.
Grazas ao programa Vacacións en Paz, froito da colaboración entre a Xunta e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) estes días chegan a Galicia 288 nenos e nenas dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria). A semana pasada, Maite Isla, presidenta de Sogaps, recibiu a Medalla Castelao como recoñecemento ao seu labor á fronte dunha entidade que leva décadas traballando por mellorar as condicións de vida do pobo saharauí.
Data de actualización: 06/07/2024