O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 60 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 5 de xulllo ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 79 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 8 de xullo de 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 80 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 5 de xullo, ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xullo. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 27 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 79 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 24% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que máis sinistros rexistraron con 25 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

25

Lugo

7

Ourense

3

Pontevedra

25

Galicia

60

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 73. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 10 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 58 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/07/2024