María José Gómez pon en valor a importancia dos traballos feitos a man no rural na XVI Feira de Artesanía de Outeiro de Rei

Outeiro de Rei (Lugo), 6 de xullo de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e polo alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, participou esta mañá na inauguración da XVI Feira de Artesanía nesta localidade lucense, onde puxo en valor a importancia destes traballos que, en moitas ocasións, se levan a cabo desde o rural.

A titular de Medio Rural destacou a programación deste evento, no que os oficios tradicionais teñen un papel especial, con demostracións en directo para os asistentes. Ademais, tamén puxo de relevo o papel fundamental que teñen os traballos artesanais para o rural, xa que xeran valor económico e contribúen ao dinamismo social e demográfico. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/07/2024