A delegada territorial da Xunta asiste á inauguración da exposición ‘A industria do bacallau no porto de Ferrol. Pysbe e Pebsa’

Ferrol, 5 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá na Sala Curuxeiras á inauguración da exposición A industria do bacallau no porto de Ferrol. Pysbe e Pebsa, unha escolma de máis dun centenar de fotografías e obxectos persoais relacionados coas factorías ferrolás que foron cedidos por particulares e familiares de traballadores e coa que se pretende rememorar o que supuxo esta industria na historia da cidade.

A exposición, que estará aberta ao público ata o 14 de xullo, encádrase na programación das xornadas Ventos de Bacallau. PYSBE. De Ferrol a Terranova, que organizan esta fin de semana Autoridade Portuaria de Ferrol, Concello e AVV Ferrol Vello.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 05/07/2024