Fabiola García participa na toma de posesión da presidenta de FAXPG, María Alonso Mesía

A Coruña, 4 de xullo de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou esta tarde na toma de posesión da nova presidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), María Alonso Mesía. Durante a súa intervención desexoulle moitos acertos á nova directiva e lembrou que o Goberno galego seguirá estando ao seu carón escoitando as súas necesidades e as de todas as persoas xordas da nosa Comunidade.

Así mesmo, Fabiola García agradeceu ao presidente saínte, Iker Sertucha, os seus doce anos de traballo a favor da plena inclusión das persoas xordas, así como a súa xenerosidade, bondade e compromiso. Sinalou que durante a súa presidencia, foron moitos os avances e metas logradas neste ámbito para os que sempre contou co respaldo e o apoio que foi necesario por parte do Goberno galego. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2024