A Xunta destaca o papel das pequenas e medianas empresas como dinamizadoras da economía e do emprego na entrega do VIII Premio Peme do Ano Lugo

Lugo, 4 de xullo de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no evento VIII Premio Peme do Ano Lugo 2024, organizado polas cámaras de comercio de España e de Lugo e polo Banco Santander. Estes premios recoñecen o labor das pequenas e medianas empresas da provincia de Lugo, cuxa actividade é fundamental para a creación de emprego e a xeración de riqueza a nivel local e entre as que o sector comercial cobra tamén un gran peso.

O galardón deste ano recaeu na empresa Industrias Cárnicas Arias, que concorrerá ao Premio Nacional Pyme del Año 2024 que se fallará no primeiro trimestre de 2025. Pola súa banda, Gabriel Alén foi o encargado de entregar o accésit de internacionalización á peme A Vida Group, unha compañía lucense de decoración e interiorismo que na actualidade conta con proxectos nos cinco continentes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/07/2024