A Xunta colabora co XXXV Tríatlon do Miño, que se celebra o 7 de xullo na zona dos Robles

Lugo, 4 de xullo de 2024

A Xunta colabora co XXXV Tríatlon do Miño de Lugo, que se desenvolverá este domingo 7 de xullo na zona dos Robles. As saídas nas probas masculina e feminina están previstas para as 10,30 e as 12,00 horas, respectivamente.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou na presentación, onde felicitou á organización pola traxectoria desta veterana proba, promovida pola AD Fefeme e o Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial. Arias resaltou a puxanza do tríatlon en Lugo e as condicións idóneas que ofrece o municipio e a contorna para a práctica desta disciplina, así como “o compromiso da Xunta co impulso do todas as modalidades deportivas”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/07/2024