Xosé Merelles participa na gala do 25 aniversario do hotel Oca Puerta del Camino

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde aos actos de celebración do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino, en Santiago de Compostela. Trátase dunha Gala que culmina un proceso de mellora constante destas instalacións a prol duns espazos modernos, versátiles e sostibles.

O hotel cumpre o seu aniversario nun momento no que o turismo está a vivir unha importante evolución. Os últimos datos do INE en relación ao sector hoteleiro constatan  unha mellora da súa rendibilidade alcanzando datos históricos de viaxeiros e noites no mes de maio. Con 552.000 viaxeiros aloxados e algo máis de 911.000 noites nos establecementos hostaleiros en maio, incrementouse un 16% a cifra de viaxeiros e un 14,5% a de pernoitas, en ambos os casos con cifras superiores á pandemia e por encima da media española.

Data de actualización: 28/06/2024