Arias asiste á apertura dunha mostra de traballos de alumnado da escola Ramón Falcón no Vello Cárcere de Lugo

Lugo, 26 de xuño de 2024

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón presentou hoxe unha mostra de traballos do seu alumnado que permanecerá aberta ao público no segundo andar do centro sociocultural O Vello Cárcere, en Lugo. O espazo foi cedido polo Concello ao centro docente para realizar exposicións, cuxo contido irá renovando parcialmente.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou na inauguración xunto co director desta escola dependente da Xunta, Ramón Cabarcos, e outras persoas. Hoxe quedou aberta unha mostra repartida en nove celas adicada aos estudos impartidos no centro, tanto os de ensinanzas profesionais de Serigrafía, Fotografía, Cerámica ou Gravado e Técnicas de Estampación, coma os que teñen nivel de grao, que son os títulos superiores de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. A exhibición recolle traballos de alumnos e alumnas de todas estas ensinanzas.

A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, con máis de 50 anos de traxectoria, conta actualmente con case 250 estudantes matriculados nas distintas titulacións que oferta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2024