A Xunta entrega as bandeiras azuis ao concello de Burela

Lugo, 25 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, fixo entrega esta mañá á alcaldesa de Burela, Carmela López, das bandeiras azuis concedidas este ano a este concello mariñán. En concreto, o Concello de Burela acadou este recoñecemento para as praias de A Marosa e O Portelo, o barco museo Reina del Carmen, o centro de educación ambiental Gaia e a ruta do litoral burelés.

Arias sinalou que estes recoñecementos poñen en valor a costa, o patrimonio natural e a imaxe turística da Mariña como destino sustentable e de calidade. A provincia de Lugo obtivo 22 insignias azuis en 13 praias, 6 sendeiros, 2 centros e un porto deportivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/06/2024