A Xunta destaca a importancia dos campamentos de verán para a conciliación das familias con persoas con discapacidade
Pontevedra, 24 de xuño de 2024
O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na presentación dos campamentos de verán organizados por Special Olympics Galicia na residencia Afundación de Pontevedra. Durante o evento, lembrou a importancia destes recursos de conciliación para as familias durante os meses de verán, en especial, para aquelas con persoas con discapacidade.
Neste sentido, o Goberno galego pon a disposición de todas as familias galegas o Bono Concilia Familia para axudarlle a facer fronte aos gastos destes campamentos de verán. Así mesmo, agradeceu a Special Olympics a organización desta oferta de ocio educativo durante os meses estivais.
Unha oferta que o Goberno galego completa coa súa campaña de verán aberta a todas as persoas con discapacidade e que este ano conta con máis de 11.500 prazas. Ademais, ofértase unha convocatoria específica para persoas con discapacidade con 250 prazas.