A Xunta apoia a festa do comercio local ‘Veranear’ de Ribadavia no marco das axudas a centros comerciais abertos coa convocatoria de 2024 vixente

Ribadavia (Ourense), 21 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu este serán á Festa do comercio local Veranear de Ribadavia, apoiada pola Xunta no marco das axudas a centros comerciais abertos que manteñen vixente o prazo de solicitude da súa convocatoria de 2024. En concreto, ata o próximo luns 24 de xuño poden solicitarse as achegas que cun importe de 2,25 millóns de euros buscan impulsar a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos da nosa Comunidade.

Organizada pola entidade Establecementos Asociados do Ribeiro (EAR), durante a cita de hoxe as persoas asistentes poden gozar de diversos descontos e mesmo recibir agasallos nos comercios adheridos, ademais de participar en distintas actividades lúdicas e de lecer.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2024