Lete recibe no Obradoiro ao piloto Gerard Farrés tras percorrer 1.700 km en cinco días monte a través desde Cataluña patrocinado pola empresa galega TSR

Lembra a aposta polo motor e polos pilotos galegos que compiten no Dakar como Javier Campos, Edu Iglesias, Fran Gómez-Pallas ou Ricardo Ramilo que neste 2024 estiveron patrocinados pola Xunta

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu hoxe na Praza do Obradoiro ao piloto de motociclismo Gerard Farrés e ao seu patrocinador e xerente da empresa galega TSR Group, Samuel Rico, que están a realizar unha ruta monte a través dende Cataluña ata Galicia, completando 1.700 quilómetros en cinco días.

Gerard Farrés é un piloto de motociclismo español de enduro e rally raid, entre os cales se atopa o Rally Dakar que rematou en 17 ocasións conseguindo tres podios: en 2017 foi terceiro en motos e en 2019 e 2022 foi segundo na categoría SSV.

Lete Lasa lembrou a aposta que fai Galicia polo motor e nomeadamente polos pilotos galegos que compiten no Dakar. Na edición deste ano, 2024, Galicia contou con tres pilotos en motos: Edu Iglesias (78º), Javier Campos (102º) e Fran Gómez-Pallas que a pesar de caer na penúltima etapa, a organización entregoulle a placa de finisher. Ademais, Galicia tamén contou cun representante en SSV, Ricardo Ramilo (15º). Todos eles foron patrocinados pola Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2024