O parque acuático do complexo deportivo de Monterrei abre as súas portas ata o vindeiro 15 de setembro

O horario é de 12 a 21 horas cunha ocupación diaria máxima de 2.500 persoas

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

O parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei inaugurou no día de onte a súa tempada de verán de 2024 que se prolongará ata o vindeiro 15 de setembro. O horario de apertura será, como en anos anteriores, de 12 a 21 horas e cunha ocupación diaria máxima de 2.500 persoas.

Nesta nova campaña de verán, os usuarios poderán desfrutar da Fase 1 do parque acuático ao completo, estando dispoñibles as instalacións abertas en 2023 -piscina infantil, piscina de relax, de ondas ou a zona de splash- ás que se suman novos servizos como aparcadoiro, vestiarios, sendas peonís e zona de xogos para nenos así coma catro novas atraccións acuáticas: hidrotubos abertos e pechados e dous novos tobogáns.

Aa entradas pódense adquirir de xeito unitario ou en bonos de dez accesos. O prezo da entrada é de 4 euros, sendo 2 euros para os menores de 18 anos e gratuíta para os menores de 3 anos. O bono terá un custo de 30 euros e de 15 euros para os menores de 18 anos. As familias numerosas e as persoas con discapacidade terán un desconto do 50% e os grupos grandes tamén contarán con prezos bonificados. As entradas pódense adquirir fisicamente no Complexo de Monterrei ou a través da aplicación en liña da páxina web do Complexo de Monterrei.

 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2024