Mañá abre o prazo para solicitar cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso
As persoas interesadas teñen ata o 4 de xullo para tramitar a petición nalgunha das 214 titulacións diferentes que se imparten en Galicia
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2024
Desde mañá e ata o 4 de xullo estará aberto o prazo de solicitude para cursar unha titulación de Formación Profesional nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso que vén de habilitar a Xunta de Galicia para o próximo curso 2024-25, un 11% máis que no presente curso.
Os interesados poderán escoller entre 214 titulacións diferentes -17 delas de nova implantación- repartidas en 153 ciclos de grao medio, básico e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.
Así pois, quen desexe estudar un ciclo de FP o próximo curso, a través do Portal Educativo ten dispoñibles as instrucións cos detalles específicos para cada unha das modalidades. En todo caso, as principais datas son as seguintes:
Oferta |
Presentación de solicitudes |
Resolución provisional de solicitudes |
1ª adxudicación de prazas |
Período de matrícula para as persoas admitidas |
Ordinaria/modular |
Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h. |
10 de xullo |
17 de xullo |
Do 17 de xullo desde as 9:00 h. ao 22 de xullo ás 13:00 h. (para a 1ª adxudicación) |
FP Dual Intensiva |
Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h. |
8 de xullo |
15 de xullo (do 8 ao 12 de xullo haberá un período de selección polo centro educativo e as empresas) Prazas adxudicadas e en espera o 15 de xullo |
Do 16 de xullo ás 9:00 h. ao 24 de xullo ás 13:00 h. |
Másteres de FP |
Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h. |
10 de xullo |
17 de xullo |
Do 17 de xullo ás 9:00 h. ao 22 de xullo ás 13:00 h. |
Cómpre lembrar que a Xunta vén de ampliar a oferta de FP para o vindeiro curso acadando de novo un máximo histórico cun total de 46.714 prazas de novo ingreso, cun reforzo na práctica totalidade das familias profesionais así como en todas as áreas territoriais.