A Xunta apoia a III Festa da Xuventude que se celebra este sábado no marco das festas de San Xoán de Guitiriz

Lugo, 20 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia colabora coa III Festa da Xuventude que organiza este sábado a Asociación Cultural e Deportiva Ecce Homo de Guitiriz, no marco das festas de San Xoán da localidade. A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación do evento coa participación do delegado, Javier Arias, e o representante da entidade organizadora, Jesús Ángel Fonte.

A festa terá lugar na praza de Santa María, no entorno do Campo da Feira; comezará ás 13.30 horas, coa sesión vermú na que actuarán o grupo de gaitas Os trapeiros dos Vilares e Javi Show. Para a noite está programado o concerto de La última legión, e actuacións do DJ Celso Bayo e de Iván Estévez Aka DJ Galvi.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/06/2024