O delegado territorial de Pontevedra recibe aos representantes do Consello Español para a Defensa da Discapacidade, Dependencia e Persoas Maiores de Galicia

Pontevedra, 20 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera,  recibiu esta mañá aos representantes do Consello Español para a Defensa da Discapacidade, Dependencia e Persoas Maiores de Galicia (Ceddd).

No encontro, Reguera tivo a oportunidade de coñecer as múltiples iniciativas que se levan a cabo dende o Consello e agradeceu a labor desinteresada e solidaria que realizan todos os membros.

Neste sentido, os representantes do Ceddd aproveitaron a reunión para convidalo a participar nalgunha das súas xornadas de sensibilización. Desta forma búscase explorar novas vías de comunicación e colaboración entre o Consello e a Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/06/2024