A Xunta participa nas xornadas Garantía Muller de Fagamos

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá nas xornadas Garantía Muller. A eliminación do estigma nas vítimas de violencia de xénero organizadas pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos).

Ademais de dar visibilidade aos prexuízos e estereotipos cos que se atopan as mulleres vítimas de violencia de xénero, o encontro serviu para abordar a complicada tarefa que supón a maternidade cando, superado o proceso xudicial, son recoñecidas como familias monoparentais e deben asumir en exclusiva a atención ás necesidades dos seus fillos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/06/2024