A conselleira Martínez Allegue asiste en Santiago á recepción con motivo da celebración da Festa Nacional do Uruguai

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde neste acto que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Santiago á recepción con motivo da celebración da Festa Nacional do Uruguai.

Este acto, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, foi organizado polo Consulado Xeral de Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco co gallo da conmemoración da Festa Nacional.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2024