A Xunta salienta a importancia de ofrecer á mocidade as oportunidades que precisa para construír unha Galicia próspera e de futuro

Pontevedra, 19 de xuño de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu hoxe a un novo almorzo técnico do Foro Empresa Pontevedra que se desenvolveu nesta ocasión baixo o título Universidade, empresa e sociedade: presente e futuro. O encontro contou coa participación de representantes do ámbito universitario e empresarial. A Xunta colabora coa Universidade para a promoción do espírito emprendedor e conta con diversos programas de apoio ao emprego e de formación orientada a atopar un oportunidade laboral.

Co convencemento de que a mocidade é o maior garante para construír unha Galicia próspera, o Goberno galego está a poñer en marcha diferentes iniciativas para seguir dotando á mocidade das oportunidades que precisan, un esforzo que é compartido coas institucións educativas e formativas e coas empresas e agrupacións empresariais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2024