A asociación veciñal ‘Os Seis Muíños’ de Lugo mellorou o local social de Santalla de Lamas co apoio da Xunta

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explica que se construíu no exterior unha soleira de formigón e habilitáronse dúas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida 

Lugo, 17 xuño de 2024

A Xunta achegou 14.500 euros á asociación veciñal Os Seis Muíños do concello de Lugo para realizar melloras no local social situado en Santalla de Lamas. 

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos, que se levaron a cabo no exterior do recinto. A actuación consistiu na construción dunha soleira de formigón e na habilitación de dúas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.

Arias lembrou que a Xunta colabora coas entidades veciñais e de mulleres rurais para axudarlles a levar a cabo melloras nos seus locais sociais e dotalas do equipamento necesario co que realizar a súa actividade.

O ano pasado, 304 entidades veciñais galegas resultaron beneficiarias da convocatoria de subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para colaborar con estes colectivos. Na provincia de Lugo, con cargo a esa orde distribuíronse máis de 307.000 euros entre 36 agrupacións. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/06/2024