O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou na celebración do Día do Médico organizada polo Colexio profesional de Ourense

O conselleiro de Sanidade avoga pola colaboración para fortalecer a sanidade pública galega

Gómez Caamaño chama á unión entre administracións, asociacións e profesionais a prol dun ambiente favorable para os traballadores da saúde e a mellora continua do sistema

Ourense, 14 de xuño de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, apela á importancia da colaboración entre asociacións profesionais e a administración autonómica para favorecer que os profesionais se sintan cómodos traballando na sanidade pública galega.

Na súa intervención no marco da celebración do Día do Médico 2024, está tarde en Ourense, o conselleiro incidiu en que nun día coma hoxe hai que destacar que os profesionais da medicina “sodes o piar base do sistema de saúde”. Sen un facultativo non pode haber un diagnóstico da enfermidade, nin tampouco a prescrición dun tratamento para a súa cura”, indicou Gómez Caamaño.

Ao acto organizado polo Colexio Médico de Ourense asistiu a presidenta da entidade, Pilar Garzón, ademais do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, Laura López del Castillo. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2024