O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, recibe a medalla de mérito da Agafac no XII Foro Galis

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta mañá ao XII Foro Galis, onde recibiu a medalla de mérito da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac).

Durante a súa intervención, agradeceu ter sido recoñecido con este galardón e afirmou que a Xunta de Galicia seguirá apostando polo sector primario galego, que constitúe un piar fundamental da economía da nosa comunidade. Ao acto tamén asistiu o director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2024