Alfonso Villares visita a exposición “Retrato de un bosque de laminarias” que conxuga o respecto pola pesca coa innovación

Vigo, 14 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a exposición “Retrato de un bosque de laminarias” da artista viguesa Elena Alonso, e que se pode visitar no Museo do Mar de Galicia na cidade olívica ata o 30 de xuño. A mostra é unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, a través da Consellería que dirixe Villares, a Autoridade Portuaria de Vigo, o Museo e o Campus do Mar vigués.

A mostra é o resultado dun proxecto de investigación artística interdisciplinar levado a cabo, principalmente, na Ría de Vigo, na que se retrata un dos elementos máis característicos desta costa, como son o bosques de algas; ecosistemas de gran importancia ecolóxica e económica pero que se atopan ameazados pola actividade humana. Conxuga o respecto pola pesca coa innovación e o uso das novas tecnoloxías; tres variables que definen o futuro do sector marítimo-pesqueiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2024