Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 6 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 5 foron de monte arborado e 1 de raso

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado onte no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, quedou extinguido ás 23,59 h. da pasada noite. O lume iniciouse ás 17,43 h. deste xoves e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 6 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 5 se corresponden con monte arborado e 1 de raso.

Para a extinción deste incendio mobilizáronse 2 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 14/06/2024