Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa

O lume iniciouse ás 17,43 horas e, segundo estimacións provisionais, afecta arredor de 1 hectárea dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa. O lume iniciouse ás 17,43 h. e, segundo estimacións provisionais, afecta arredor de 1 hectárea dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Para a extinción deste incendio mobilizáronse polo de agora 2 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 13/06/2024