A Xunta felicita ao Colexio Lar premiado no certame Galicons-Net polo seu labor a prol do consumo responsable e sostible

Mos (Pontevedra), 12 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe o Colexio Lar premiado no certame autonómico Galicons-Net de fomento do consumo responsable e sostible. Alí ambos felicitaron ao alumnado que realizou o proxecto galardoado con 1.500 euros na categoría da ESO (12 a 14 anos) e que se denomina Por un consumo informado e responsable.

Este certame recoñece traballos de innovación educativa sobre cuestións como consumo e xénero, linguaxe publicitaria, comercio electrónico, servizos financeiros ou etiquetaxe de bens e produtos. Nesta liña, o director xeral defendeu a necesidade de practicar un consumo responsable e sostible tendo sempre en conta os dereitos dos consumidores nun mercado cada vez máis global e dixital.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/06/2024