Martina Aneiros reitera o respaldo da Xunta no ámbito das súas competencias no caso da proliferación de moscas en Narón

Narón (A Coruña), 11 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou está mañá na comisión de seguimento da situación producida pola proliferación de moscas na parroquia de O Val, en Narón, convocada polo Concello e presidida pola alcaldesa da localidade, Marián Ferreiro.

Durante o encontro, que serviu para revisar a situación actual desta problemática que se repite cada ano desde 2020 coa chegada da época estival e a subida das temperaturas, a delegada territorial reiterou a colaboración do Goberno galego en aqueles ámbitos que sexan de competencia autonómica.

Na reunión participaron ademais técnicos municipais e da Consellería de Sanidade, representantes da corporación e membros da AVV Irmandiños do Val.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/06/2024