A licitación vén de publicarse na Plataforma de Contratos Públicos da Xunta

A Xunta licita por 419.000 euros as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xullo

O prazo de execución das obras é de 15 meses

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

O portal de contratos públicos da Xunta publica hoxe a licitación, por importe de 419.685 euros, da obra de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña.

Tal e como establece o contrato licitado hoxe pola Consellería de Sanidade, as empresas interesadas na realización desta obra teñen de prazo ata o vindeiro 8 de xullo para presentar as súas ofertas. O prazo de execución será de 15 meses.

Os traballos que se levarán a cabo consistirán na disposición dun novo sistema de impermeabilización das cubertas para evitar filtracións de auga. Tamén se procederá á substitución da carpintería exterior de aluminio e do panel de fachada, á substitución do falso teito na zona de aparcadoiro, á reparación das armaduras dos piares e rampla de acceso, á substitución de varanda e disposición de novo pavimento na rampla de acceso e á protección das caldeiras fronte a posibles inundacións.

O edificio que alberga o centro de saúde está recoñecido polo seu valor arquitectónico no Museo de Arquitectura de España, polo que se é preciso que a intervención se leve a cabo conxugando o propio valor do edificio coas solucións ás carencias detectadas.

Data de actualización: 10/06/2024