O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta a 3ª edición do ciclo ‘Rock entre pedra e poesía’

Luz Casal actuará o 24 de xullo no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova

O prezo das entradas, xa á venda  en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 35 euros máis gastos de xestión da empresa distribuidora

Ourense, 10 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá, acompañado do director da área de Cultura e Deporte  da Deputación Provincial, Marcos Vázquez, e do alcalde de Celanova, Antonio Puga, na presentación da terceira edición do Ciclo Rock entre pedra e poesía, que se celebrará no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova o 24 de xullo co concerto de Luz Casal.

O delegado territorial sinalou que iniciativas como as que hoxe estamos a presentar, patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do  concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música de sempre, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense.

O prezo das entradas, xa  á venda  en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 35 euros mías gastos de xestión da empresa distribuidora e o aforo dos mesmos terá un máximo de 800 persoas sentadas con asiento garantido por orde de chegada. A hora de comezo será ás 22,00 horas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/06/2024