A Xunta promove o uso da madeira local na construción a través da Axencia Galega da Industria Forestal

Curtis (A Coruña), 6 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, visitou hoxe as instalacións de Prefabricados Rodiñas, unha empresa dixo, que é un exemplo da aposta que está a facer a Xunta de Galicia por promover o uso da madeira local na construción.

Jacobo Aboal estivo acompañado do director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural da USC (Pemade), Manuel Guaita, e por membros do consello de dirección da spin-off andaluza Iberolam T&T, interesada en coñecer como en Galicia o sector da construción xa emprega a madeira local en produtos estruturais mixtos de madeira e formigón, que deixan unha menor pegada de carbono e achegan valor engadido ao sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/06/2024