O secretario xeral da Lingua participa no anuncio das cinco obras seleccionadas

Valentín García destaca a importancia do premio Novela Europea Casino de Santiago no fomento da lectura

A edición deste ano conta con Bernhard Schlink, Delphine de Vigan, Xabier Quiroga, Jacobo Bergareche e Jonh Banville entre os finalistas

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación das novelas finalistas da XVIII edición do Premio de Novela Europea Casino de Santiago, onde destacou a importancia deste galardón na promoción da lectura e o espírito europeísta.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude enxalzou esta iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia e “que esperta e fomenta o interese pola lectura, implicando directamente á cidadanía na escolla das súas obras favoritas, tanto de Galicia como do resto do estado e a nivel europeo”.

As cinco obras que resultaron finalistas desta edición son La nieta de Bernhard Schlink (Anagrama); Los reyes de la casa de Delphine de Vigan (Anagrama); Coa man esquerda de Xabier Quiroga (Edicións Xerais); Las despedidas de Jacobo Bergareche (Libros del Asteroide); e Las singularidades de John Banville (Alfaguara).

Ademais de Valentín García, no acto tamén estiveron o presidente da Asociación Cultural Casino de Santiago, Ubaldo Rueda; ás responsables do Comité de lectura, Maribel Martín, Loli Sans e Marian Rey; e aos responsables da Biblioteca José Saramago e Biblioteca Pública Ánxel Casal, Lupe Rodríguez e Jesús Torres respectivamente, colaboradores na promoción da lectura das novelas.

O Premio Novela Europea Casino de Santiago convirte á poboación de Santiago e doutras cidades do resto do estado e de outros países europeos nunha parte decisiva do galardón, votando entre as cinco obras que selecciona previamente unha comisión de expertos. Ademais, para achegar as novelas finalistas ao público, promover a lectura e a participación, na celebración deste premio tamén interveñen, entre outras entidades como librerías, comercios ou centros socioculturais, as bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/06/2024