Belén do Campo recoñece o traballo de Adaceco de atención integrada ás persoas afectadas por dano cerebral adquirido

A Coruña, 6 de xuño de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse esta mañá cos representantes de Adaceco (Asociación de Dano Cerebral Adquirido) creada no ano 2000 para apoiar ás persoas afectadas por esta doenza e as súas familias.

No encontro, a delegada analizou as liñas de colaboración entre a Xunta e a entidade entre as que destacan as axudas a través do financiamento  de prazas concertadas da Consellería de Política Social e Igualdade, o programa de respiro familiar  e as ordes de rehabilitación fisioterapéutica da Consellería de Sanidade. Tamén aproveitou para recoñecer o importante traballo que está a realizar Adaceco para mellorar a calidade calidade de vida dos pacientes mediante unha atención interdisciplinar con servizos especializados de neurorrehabilitación, personalizados e adaptados ás súas necesidades e expectativas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/06/2024