A Xunta visita as obras da futura residencia de maiores de Pantón
2024-06-06
/documents/35297/1150731/20240606+DXMaioresPant%C3%B3nResidencia.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Pantón (Lugo), 6 de xuño de 2024
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá as obras da nova residencia de maiores que se está a construír no concello de Pantón. Durante o encontro, puxo en valor a creación de recursos de atención por todos os concellos de Galicia que lles permitan ás persoas maiores contar con centros próximos aos seus fogares.
Así mesmo, lembrou que o Goberno galego está a destinar 18,5 millóns de euros procedentes dos fondos europeos para impulsar a creación de centros residenciais e diúrnos de titularidade municipal por toda Galicia. Un plan de investimentos que permitirá a creación de 650 novas prazas.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 06/06/2024