A Xunta participa na asemblea xeral da Confederación Empresarial Española da Economía Social en Madrid

Madrid, 6 de xuño de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participa hoxe en Madrid na asemblea xeral da Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes), onde se deron cita ao redor de 170 persoas. Ademais dos socios da entidade acudiron representantes doutros gobernos autonómicos, axentes sociais, da sociedade civil, universidades e medios de comunicación, entre outros.

Na xuntanza déronse conta dos retos de futuro no eido da economía social, un ámbito que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a reforzar destinando para 2024 máis de 43,6 millóns de euros, un investimento que creceu nun 3% con respecto a 2023 e que se artella en tres grandes eixos de actuación: a difusión da economía social, a creación e consolidación de iniciativas e a promoción do emprego inclusivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/06/2024