O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas do Centro premia á Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 6 de xuño de 2024

Javier Vázquez recolleu o premio que o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas do Centro (COITAC) lle outorgou á Casa de Galicia en Madrid, na entrega anual destes galardóns que se acaba de celebrar.

“Recibir un premio é unha alegría; recibilo no nome dunha organización é unha honra; facelo en nome da Xunta de Galicia é un privilexio. Se ademais o recoñecemento é froito de contribuír á mellor proxección nacional e internacional de Galicia, entón é unha alegría, unha honra e un privilexio”, recoñeceu o director da Casa de Galicia en Madrid.

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas do Centro San Isidro, decidiu outorgar á  Casa de Galicia en Madrid o premio á Promoción da concordia e a fraternidade entre os pobos de España.

A razón que motivou ao xurado é a súa contribución á difusión da cultura e as tradicións de Galicia na capital de España.

Os premios entregáronse con motivo da festividade do Patrón do Colexio, no Salón de Actos da antiga EUITA, Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas de Madrid.

Ademais outorgáronse os seguintes premios:

  • Premio Campo de Honra: aos Profesionais do Agro.
  • Premio Gardiáns da Memoria: Sergio del Molino Molina, autor de “La España vacía” e “Contra la España vaciada”.
  • Premio á difusión e promoción do desenvolvemento rural: A pie de Campo, Radio CLM.
  • Premio ao Compromiso Cooperativo e Desenvolvemento Comunitario: Unión de Cooperativas Agrarias Madrileñas UCAM.
  • Premio ao Liderado no Desenvolvemento Sostible: REPSOL.
  • Galardón Verde 2024: SEPRONA.
  • Premio á Naturación Urbana: D. Jesús Moreno García, alcalde de Tres Cantos, Madrid.
  • Premio polo seu Compromiso coa Erradicación da fame e a Malnutrición no Mundo: Ricardo Rapallo Fernández.
  • Premio aos Valores Humanos e Sociais: Miguel Ángel Valero Duboy, pola súa amplísima carreira centrada na análise, deseño, desenvolvemento e avaliación do TIC para o apoio ás persoas con discapacidade, maiores, contornas hospitalarias, rural, educativo e de cooperación ao desenvolvemento.

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 06/06/2024