López Campos analiza co alcalde de Lalín proxectos culturais de relevancia para o concello

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, continuou hoxe coa rolda de contactos que ten en marcha con diferentes rexedores municipais para coñecer as súas necesidades no eido da cultura, a lingua e a xuventude cunha xuntanza co alcalde de Lalín, José Crespo, na que analizaron diversos temas de relevancia para este municipio.

Nesta ocasión, o representante do Goberno galego e o alcalde centraron o encontro no apoio por parte da Consellería de Cultura a varios proxectos que se están levando a cabo en Lalín, como a restauración da Casa Don Álvaro, actualmente en marcha cun orzamento de máis dun millón de euros. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2024