Belén do Campo entrevistouse co presidente da Escudería A Coruña Club

A Coruña, 5 de xuño de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, entrevistouse esta mañá con Alberto González Naveira, presidente da Escudería A Coruña Club. Este club é o organizador dunha proba da Copa do Mundo de Enerxías Alternativas, dedicada a vehículos eléctricos, incluída nos calendarios da Federación Internacional de Automobilismo (FIA) e do Campionato de España de Enerxías Alternativas. Poden participar vehículos eléctricos, híbridos e híbridos enchufables.No encontro abordaron as futuras competicións desta disciplina organizadas pola Escudería en Galicia que colocarán a comunidade no máis alto panorama nacional.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2024