Belén do Campo repasa co director xerente de Expocoruña os retos máis inmediatos neste recinto feiral

A delegada da Xunta mantivo un encontro de traballo no que repasaron os eventos previstos para os próximos meses e os avances nas obras de adaptación para o traslado do persoal da xerencia e das oficinas administrativas do CHUAC

A Coruña, 4 de xuño de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse co director xerente de ExpoCoruña, Andrés Fernández Calderón. Belén do Campo destacou que “este recinto feiral supón un escaparate de luxo e un dinamizador comercial e industrial para toda a zona  polo que é fundamental optimizar e rendibilizalo ao máximo, explotando todas as súas posibilidades". No encontro repasaron os eventos previstos para os próximos meses e as accións promocionais para captar máis clientes.

Ademais abordaron os avances nas obras de adaptación de EXPOCoruña para o traslado provisional do persoal da xerencia e das oficinas administrativas do Complexo Hospitalario Universitario da cidade herculina, a onde se trasladarán temporalmente os servizos administrativos do hospital universitario coruñés, xa que contan coas condicións de infraestrutura e capacidade que se precisan para levar a cabo as tarefas dos servizos da administración sanitaria, tendo unha localización estratéxica e próxima ao centro sanitario.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/06/2024