O delegado territorial da Xunta visita os concellos da Veiga, Rubiá e Carballeda de Valdeorras

Ourense, 4 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá á comarca de Verín para visitar os concellos da Veiga, Rubiá e Carballeda de Valdeorras, dentro  da rolda de encontros institucionais que está a manter trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nos encontros de traballo mantidos cos alcaldes dos respectivos concellos, Juan Anta, Elías Rodríguez e Mª del Carmen González; repasaron asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e falaron das necesidades destes concellos e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos.

Para o Manuel Pardo é fundamental que os alcaldes nos transmitan as necesidades dos seus concellos, polo tanto, a Delegación territorial está permanentemente aberta para o que precisen, xa que traballar con eles é ofrecer solucións ás necesidades dos seus veciños e veciñas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/06/2024