O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do Campionato de España de Maratón de Remo

Ourense, 03 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación do Campionato de España de Maratón de Remo que se desenvolverá os vindeiros 8 e 9 de xuño no Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño.

A proba, na que participarán máis de 800 deportistas de todas as comunidades autonómicas, principiará o venres, 7 de xuño,  co Campionato de España de Maratón Corto sobre un percorrido de 3 Km.

O sábado 8 e domingo 9 celebrarase o Campionato de España de Maratón, que contará cun percorrido de 11 a 29km. e na que participarán todas las categorías incluído ParaCanoe e  K2 inclusivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2024