Belén do Campo e Carlos Calvelo coinciden na necesidade de seguir mellorando a seguridade viaria na AC-552 ao seu paso polo concello de Arteixo

A delegada e o alcalde mantiveron un encontro de traballo no que repasaron os proxectos que están en marcha no Concello, co apoio da Xunta, e as actuacións e liñas de axudas necesarias para seguir reforzando os ámbitos de colaboración entre ambas administracións

Arteixo (A Coruña), 3 de xuño de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, para analizar os proxectos e as liñas de axuda que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio.

A delegada da Xunta repasou co rexedor as actuacións que se están levando a cabo de mellora da seguridade viaria na AC-552 e as obras previstas. Concretamente, xa está rematada unha primeira fase de mellora da seguridade de 4 paradas de autobús que supuxo un investimento de 1,34 millóns e está en execución unha segunda fase, cun investimento de 1,3 millóns de euros, coa que se está actuando na mellora  de seguridade doutras 26 paradas. 

A delegada confirmou que se vai a seguir actuando nesta estrada coa execución dunha senda entre Arteixo e Lañas, cuxo proxecto está en proceso de redacción, e cunha previsión dun investimento de 600.000 euros co obxectivo de executalo durante o ano que ven con fondos Feder. Ademais, apuntou Belén do Campo, estase a estudiar a posibilidade doutras actuacións que se levarán a cabo na AC-552 para calmado de tráfico e mellora da funcionalidade especialmente na zona más urbana desta estrada.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable dos municipios galegos. Concretamente, repasaron actuacións relacionadas coa vivenda, política social e educación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2024