O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reúnese co alcalde de Lalín

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Lalín, José Crespo, para coñecer de primeira man as necesidades deste concello e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos. O Goberno galego mantén un firme compromiso coas administracións locais a través de distintas liñas de axudas que permitiron o ano pasado o impulso de máis de 600 iniciativas municipais, cun investimento de 27,2 millóns de euros. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2024