Lara Meneses enxalza o papel da Rede de Espazos Xoves da Xunta para ofrecerlle á mocidade oferta de lecer nun ambiente saudable

Tui (Pontevedra), 31 de maio de 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe o Espazo Xove de Tui, onde puxo en valor o papel destes recursos da Xunta de Galicia para ofrecerlle á mocidade “oferta de lecer e de balde en espazos de encontro nun ambiente saudable”. Durante a súa visita a un ensaio dunha compañía artística nada neste centro xuvenil, Lara Meneses sinalou o importante papel que fan os 12 Espazos Xove espallados por toda Galicia “como lugares de encontro e de dinamización do ocio xuvenil que veñen completar a ampla oferta de actividades educativas que a Xunta pon a disposición da mocidade”.

Esta opción súmase así aos programas Outono Xove, Primavera Xove, o Día da Xuventude ou a Campaña de Verán. Os Espazos Xove, dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, están situados nos concellos de Vilagarcía, Lalín, Ourense, Viveiro, Vilalba, Chantada, Betanzos, Curtis, Pontedeume, Carballo e Noia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2024