Diego Calvo e Valentín García participan no partido 'A outra Irmandiña'

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, representaron esta mañá á Xunta no partido de fútbol A Outra Irmandiña, que se disputou esta mañá no campo federativo de Coia, en Vigo e reuniu a un elenco de persoeiros do audiovisual galego, exfutbolistas e xornalistas. Este encontro de persoeiros da vida social galega serve de antesala ao partido desta tarde no estadio Abanca Balaídos entre a selección galega de fútbol e Panamá. 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2024