A delegación territorial da Xunta en Lugo pon a proba o Plan de autoprotección cun simulacro que obrigou a evacuar o edificio

Lugo, 31 de maio de 2024

O persoal  e os usuarios da Delegación Territorial da Xunta en Lugo foron evacuados esta mañá durante 20 minutos debido a un simulacro realizado para poñer a proba o plan de autoprotección do edificio.

A suposta emerxencia -unha alerta avisando da colocación dun artefacto explosivo no edificio- ocorreu sobre ás 10.00 horas. De inmediato foi avisado o 112, que activou os medios necesarios, e comezou a evacuación, que se realizou con axilidade e sen incidentes. Colaboraron a Policía Autonómica e a Policía Local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2024