O delegado da Xunta súmase á lectura do manifesto contra o tabaco promovida pola AECC en centros educativos de Lugo

Lugo, 31 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, sumouse hoxe á lectura do manifesto Alianza do Movemento Sen Tabaco promovida pola Asociación Española Contra o Cancro lucense en centros educativos da provincia coincidindo co Día Mundial sen Tabaco.

Arias asistiu ao acto conxunto do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e IES Lucus Augusti, na cidade de Lugo. Tamén estaba prevista a participación de centros de Monforte de Lemos e Burela. Destacou que Galicia dispón dun Programa galego de promoción da vida sen tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública, que se completa co Plan Inspira Saúde (2023-2027), unha iniciativa de actuación multidisciplinar en tabaquismo cunha visión integral do mesmo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2024